Mareas Vivas (TVG)
luns, xuño 16th, 2008
Mareas Vivas é unha serie que quizá os máis novos da xeración Xabarín non lembren, mais é unha das mellores series que tivo a Galega na súa historia. As aventuras e desventuras cotiás dos viciños de Porto Sás, interpretados por moitos dos grandes actores galegos (aí iniciou a súa carreira artística Martiño Rivas, hoxe coñecido como Martín Rivas e ídolo de raparigas adolescentes). O grande acerto que tivo a serie foi mostrar a fala da xente da Costa da Morte como é, con gheada e seseo.
Aquí tendes unha mostra da serie:
Tamén foi emitida, sen éxito, en Telemadrid e ETB, dobrada ao castelán [Nota: as categorías deste blogue corresponden aos canais nos que se emitiron os programas na Galiza, por iso non aparecen canais que non se vexan desde aquí]. Podedes ver unha mostra da dobraxe: