Archive for the ‘Antena 3’ Category

A Nanny (TVG), La Nanny (A3)

luns, xaneiro 21st, 2008

Lembrádesvos d’A Nanny? Si, esta serie que botaban ao acabar o Xabarín que ía dunha neneira moi feita que estaba liada co seu xefe. Como que non, non tes infancia, ou?

A Nanny era unha das mellores series da Galega, sen dúbida. O mellor de todos era o Nails, o mordomo, e como chateaba continuamente á C.C., a axudanta do xefe. Os nenos tiñan o seu aquel, e a nai e a avoa de Fran (a nanny), eran para mexar co riso. A única pega era que a voz da Nanny era bonita, e non súper aguda e chirriante como debía ser. O señor Sheffield polo común non era gracioso, mais tiña algúns pontos… O caso é que a serie marcou historia, e é por iso que hoxe, aqui, rendémoslle unha ben merecida homenaxe.

En Antena 3 tamén a botaron, penso que á hora do xantar, canda os Simpsons. Non tivo tanto éxito como na Galega, e non colleu tanta fama. Aliás, como pasa sempre nestes casos, a xente repudiou a dobraxe en castelán preferindo moito antes a galega.

A continuación poño uns fragmentos da serie en galego. Quería polos tamén en castelán mais non encontrei os vídeos pola Internet…

Fragmentos da serie:

O final da serie:

Como costuma pasar nestas cousas, un nunca ve o final da serie, asi que aqui volo conto para que o saibades!

<—– OLLO, SE CONTINUAS A LER ESTRAGAREICHE O FINAL ———->

A ver, é algo obvio, non si? Ao final, casan! Acaban xuntos a Nanny e o xefe e mesmo chegan a ter dous fillos xemelgos, un neno e unha nena (no parto o señor Sheffield di unha grandiosa frase ao ver o diminuto pene do seu fillo neo-nado: “Tranquilo fillo, que dunha pequena landra sae un maxestoso carballo”.) E é máis, a Nanny acaba adoptando os fillos que cuidou durante tanto tempo, nun capítulo no que o señor Sheffield quería facer a separación de bens. A respeito de Nails e C.C. o final é o mellor que podía haber, despois de rifar continuamente capítulo após capítulo, acaban xuntos! É un final moi bo para unha serie magnífica!